Impresións sobre o congreso - turismo e novas tecnoloxías 08 -

Ainda que o primeiro día non puiden asistir por axenda de traballo coñecidos do gremio pasaronme as suas impresións, o segundo día estiven alí con todos os participantes. A verdade e que deberían de tornar as ponencias e solicitar de antemán premisas básicas para as mesmas, por que está claro que isto parece mais unha presentación de empresa que un congreso, onde se supòn que os `participantes collen ideas para mellorar os seus negocios.
Moitos destes ponentes explicaban moi técnicamente e con cifras un pouco infladas, ( supoño que sería para aparentar fronte dos seus posibles clientes. Coma exemplo contarvos que expoñían unhas cifras millonaris no desenrolo do software que eles tiñan, 40.000 horas de desenvolvemento informático por unha plantilla inxente de informáticos e que logo para vender o seu producto nos mostran un video dun minuto feito a correr en 3d e falando o dobre de velocidade para ir mais rápido, e o que mais me repateou foi cando o representante dixo:
Amigos pudisteis comprobar que el personaje virtual habla demasiado rápido, eso es que este cobra por minutos y la verdad nos sale muy caro.
Esta claro que a producción 3d e postproducción de video e cara , pero se vas a vender un software que supostamente levou 40.000 horas de traballo :
40.0000/30 informaticos = 1333 horas de traballo por cada un
1333 / 8 =166 días laborables que veñen a ser case 8 meses.
Se como mínimo para ser un traballo digo , págaselle a un informático 1.000 euros o mes
isto danos un custe total do software de 8 meses x 1000 euros x 30 informáticos = 240.000 euros ( 39.932.640 ) das antigas pesetas.
E se eres unha empresa e pagas casi 40 millóns dos de antes , disme que non tes para pagar un modelaxe 3d , anda , anda , anda… moito avión hay por ahi …… pero bueno se asi son felices hay que deixalos.
Por outra banda o director de Luamar Jose Luis Lopez pecou de dinosauro. O meu parecer e que quede ben claro que e sen animo de ofender , Jose Luis se lees esta entrada teño que dicirche que pareces un da SGAE , crees que por cerrarte ou tan so mirar para internet que esta non te vai a coller. Os modelos de negocio estan a mudar e o sector do turismo e un dos que mais. De non coñecer o medio profesionalmente estaredes abocados a desaparecer, cambia o teu equipo informático por un que te asesore ben.
Pareceme ben que se diga que o importante son as persoas e que dende a axencia hay que tratalas ben, pero as veces que os meusn amigos e mais eu viaxamos non pisamos unha axencia xa que non dispoñemos de tempo para elo e enos moito mais facil mirar na internet. Organizamos todo o que necesitamos moi axilmente , pagamos e viaxamos, e hay que dicir que viaxamos moitas veces polo 50% dos precios das axencias de viaxe.
Igual para as xuntanzas universitarias que celebramos cada ano nunha casa rural, visitamos un portal vemos as ofertas e alquilamos a casa.
E NOS SOMOS UNS EMIGRANTES DIXITAIS - Nacemos sen internet e agora usámola todos os días, se pensamos nos NADOS DIXITAIS non hay volta atras hay que traballar e cada vez mais de cara a Internet.
Un día con tempo farei un post co que unha axencia de viaxes ten que facer para posicionarse na rede.
Unha das sorpresas foi poder falar con Enrique Dans e comentarlle moi por riba o noso proxecto lustro ao cal lle veu moito interese e a verdade e bo que un home do seu calado opine así sobre o proxecto.
Polo resto comentar que saín contento do congreso xa que puiden facer negocio nel e conseguin para a empresa unha páxina para unha casa rural e abrin unha boa fiestra para o proxecto de hostalaria.com
¿Disfrutaste esta entrada? Por qué no dejas un comentario abajo y continúas la conversación, o te suscribes a mi feed y obtienes artículos como este enviados a tu lector de feeds.

Comentarios
No hay comentarios todavía.
Deja un Comentario