Acerca de mi
Nacín en Pontevedra o 30 de Xullo de 1976, fillo de Francisco de la Torre e Araceli Vilas, ambos da vila de Marín en Pontevedra - Galicia.
Dende o ano 2000 ando por estes mundos cibernéticos asi que pódeseme considerar como un dos pioneiros do sector Internet en Galicia.
Vin nacer moitas das empresas galegas de Internet que son as que a día de hoxe están posicionadas nos seus sectores ( hosting, deseño web …) e morrer a outras tantas.
No ano 1999 marchei para Lugo onde comencei a estudar Inxenería agrónoma. Para pagar a carreira falei coa familia e axudáronme a montar un Ciber. Este foi o comezo a nivel profesional da miña carreira en Internet. Despois de darme conta de que o futuro era este novo medio decidín deixar a carreira e formarme o máximo posible no desenvolvemento da web. Tentei atopar algunha carreira ou curso potente o respecto pero daquela non existía nada de nada. O verme imposibilitado para estudar oficialmente dedidín facelo a nivel persoal. Fixen cursos a distancia en Ingles e metinme de cheo no ciberespazo para satisfacer toda a miña curiosidade e así formarme in situ. Xornadas maratonianas de navegación son o día a día dende aquela ( cousa que a verdade apaixóname ).
Gracias a iso adquirín coñecementos profesionais en programación HTML, XML, PHP, MySQL, javascript, Flash, actionscript, deseño con fireworks e photoshop, márketing en liña, e-learning e un longo etc de ferramentas e medios…. controlando todas as áreas implícitas no mundo da web.
Despois de traballar arreo co meu nome decidín crear a empresa CIBERVISION NETWORKS S.L. , empresa da que son Administrador e director de proxectos.
Estes anos atrás foron de desenvolvemento e mellora da idea principal que me meteu neste mundo que era a de crear un software ou portal comercial onde o pequeno comercio puidese facer fronte as grandes corporacións e despois de moito esforzo e con axuda de moita xente e moitos cartos investidos estou satisfeito e orgulloso de dicir que o conseguín. O software existe e funciona, agora o que queda é finalizar o proxecto lustro con éxito e ver cumprido un soño.
Debo dicir que este soño tan só pode facerse realidade coa participación dos nosos clientes os cales lles dou as grazas mil veces por confiar en nos.
O meu traballo e o meu hobby, ainda que é moi duro, proporcióname plenitude. Ogallá me poida dedicar sempre a isto.
Dou grazas a toda a xente que me axudou e que me axuda no día a día e convido a toda persoa que queira coñecerme a porse en contacto comigo.
Unha aperta a todos
Francisco A. de la Torre Vilas ![]()
